Ourense e o tren

Participamos nunha conversa con seis ferroviarios xubilados que traballaron na estación de Empalme, que viviron e lembran o pasado do ferrocarril en Ourense e como influiu na evolución do barrio da Ponte e da cidade. Falamos dos tempos das máquinas de vapor, dos cambios na organización do traballo e dos oficios desaparecidos. Dos trens de mercadorias, dos que levaban cara Europa ós emigrantes e do … Seguir lendo Ourense e o tren

Ourense cos Palestinos

O xenocidio que o estado de Israel está perpetrando contra do pobo palestino provoca a reacción dos ourensáns. Cada semana, dende que comezou a masacre saen ás rúas da cidade para protestar pola crueldade e a impunidade do exército sionista. Para berrar contra do silencio culpable e a complicidade dos estados e dos organismos internacionais. Escoitemos testemuños de ourensáns que explican porque acoden a estas … Seguir lendo Ourense cos Palestinos

A banca sempre gaña; os seus traballadores e clientes perden

As traballadoras e traballadores da banca secundaron masivamente en Ourense unha nova convocatoria de folga durante toda a xornada do venres 22 de marzo. Era unha mobilización estatal reclamando o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo do sector. Os traballadores esixen ás cúpulas directivas das entidades, que rexistraron en 2023 marcas históricas de beneficios, que revertan esas ganancias nos salarios dos cadros de persoal e … Seguir lendo A banca sempre gaña; os seus traballadores e clientes perden