Tutorial: Subscrición aos programas

Como ben sabedes podedes escoitar os nosos programas directamente no noso blog. Simplemente tendes que acceder á páxina do programa que queiras escoitar e seleccionar o capítulo, aí atoparedes o reproductor correspondente.

Mais hoxe en día existen ferramentas que poden facer que escoites os teus programas de radio favoritos dun xeito moito máis sinxelo. En Radio Liverdade temos aloxados todos os nosos audios na plataforma Ivoox. Este servizo permite que poidas subscribirte aos programas que queiras e avisarte cando esté dispoñíbel un novo. Deste xeito poderás escoitalos dende calquera dispositivo. A continuación veremos o sinxelo que é subscribirse e disfrutar da radio en calquera momento.

Subscrición dende a computadora

O primeiro que teremos que facer é entrar e rexistrarnos na plataforma Ivoox. Podemos facelo ben co noso enderezo de correo electrónico ou coa nosa conta de Facebook.

tutorial-1

Unha vez rexistradas e dentro de Ivoox prememos en Buscar no menú superior e apareceranos unha caixa arriba á dereita. Nela escribimos Radio Liverdade e pulsamos no botón Buscar.

tutorial-2

Feito isto aparecerannos tódolos programas de Radio Liverdade. Prememos no programa ao que nos queiramos subscribir. Non te podes subscribir a todos á vez, así que terás que facelo de un en un.

tutorial-3

Unha vez aberta a páxina do programa (neste caso estámonos subscribindo á nosa axenda e eventos) só temos que premer en “Suscribirse”, así só terás que entrar en Ivoox para que che aparezan os programas que vaian saíndo. Ao premer en “Suscribirse” aparecerá unha mensaxe que che dará a opción para que che chegue unha notificación ao teu correo electrónico dos novos capítulos que vaian saíndo.

tutorial-4

Deste xeito, se o faemos con tódolos programas que nos interesan, só teremos que entrar en Ivoox para ver que capítulos temos sen escoitar.

Subscrición nos dispositivos móbiles

Outra maneira, moi cómoda, de escoitar os nosos programas é a través do teu teléfono móbil ou tablet. Neste caso imos facelo a través dun dispositivo con Android, para os usuarios con dispositivos iOS ou Windows non será moi diferente e seguro que con esta guía poderán escoitarnos sen ningún problema.

O primeiro que temos que facer é ir á Play Store do noso dispositivo e buscar Ivoox. Unha vez seleccionada a app de Ivoox premeremos en Instalar.

Ao abrir a app veremos unha morea de contidos aos que nos podemos subscribir. Para atopar os nosos programas debemos pulsar no botón de  “Buscar (Search)” da barra de abaixo. Na caixa que nos aparece escribimos Radio Liverdade e veremos un desplegábel, ao baixar por el atopamos a opción “Ver todos los resultados”, pusamos aí. Para ir a un programa en concreto pulsamos na pestana do medio, “Podcasts” e amosaranos os nosos programas

Despois de elexir o programa ao que queremos subscribirnos só lle temos que dar a “Subscribirse (Subscribe)” e preguntaranos se queremos recibir notificacións cada vez que publiquemos un novo capítulo dese programa. E xa está! Os teus programas favoritos sincronizaranse automáticamente co teu teléfono, no botón subscripcións podes velos, e poderás escoitarnos de camiño ao traballo, facendo a compra ou lavando a louza, calquera momento é bo! Simplemente pulsando no botón do menú “Mi Ivoox (My Ivoox)” terás á túa disposición tódolos capítulos que non teñas escoitado.

Recorda que cada capítulo pode pesar varios megas e que é mellor que os descargues con WIFI, xa que pode gastar moitos datos ao escoitalo por streaming.

Ligazóns relacionadas:

Ivoox
Radio Liverdade en Ivoox
Ivoox en Play Store (Android)
Ivoox en App Store (iOS)
Ivoox en Microsoft Store (Windows Phone)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s