Reportaxes

Todas as reportaxes de Radio Liverdade.



Fala o Grupo de Apoio Mútuo de Ourense



Fala o Grupo de Apoio Múatuo de Ourense

logo_radio_gam
GAM Ourense

Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental.

 


 



Salvemos o lavadoiro



Capítulo # 1 – O lavadoiro e a lavandeira

IMG_9253
Lavadoiro debaixo da praza de abasto

Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas….


Capitulo # 2 – Coñeces as Burgas?

As_20Burgas_2C_20postal_20antiga
Burga de abaixo

O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con  un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a  temperatura da auga…


Capitulo # 3 – O Lavadoiro: entre a memoria e a especulación.

Entrada dos lavadoiros das Burgas, na súa ubicación actual.
Porta aos lavadoiros.

Neste derradeiro capítulo, combinamos dúas conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade. Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces asBurgas?” […]