

A Toupeira_XacobeMartinezAnteloTrio
Ir a descargar Imos escoitar a un trio que puidemos capturar coa nosa grabadora nómada, nunha taberna moi especial como é a Corte dos Bois, onde poderedes escoitar concertos coma o de este trio, con nome e apelidos, XacobeMartinezAnteloTrio. Formado polo propio Xacobe, facendo pequeno o contrabaixo, Xosé Miguélez soprando o xaso e a Max Gomez arreándolle a batria como se non oubera mañán. Imos … Seguir lendo A Toupeira_XacobeMartinezAnteloTrio

A Toupeira _Tolemia_
Ir a descargar Orgullo Tolo_Hoxe falamos as tolas, si as tolas de atar. Porque de atar e outros maltratos aos que nos teñen sometidas, a todas nos, as criaturiñas que estamos como cabras e que xa estamos un pouco fartas, queremos denunciar e darlle voz. Porque o sistema sanitario público mental, necesita mellorar, por decilo de algunha maneira. Imos escoitaralgún relato, voces de xente tola. … Seguir lendo A Toupeira _Tolemia_

Nós As Poetas #1
Ir a descargar Nós as Poetas é un programa de poesía producido e conducido por Rober Figui que fala, cheira, sabe e soa a poesía. Para darlle voz ás poetas que foron participando nas tres últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’ que organiza o colectivo EsCuA dentro das actividades do VeránEarte. Un espazo de entrevistas na Radio Liverdade para coñecer mellor ás nosas … Seguir lendo Nós As Poetas #1

Abaixo os muros!
En setembro varias familiares de presos arrincan coa iniciativa de sumar apoios para denunciar a situación actual nos cárceres e a especial vulneración de dereitos á que se ven sometidas as presas e presos do estado espanhol en tempos de pandemia. Seguir lendo Abaixo os muros!

As MiL e UmHa MortEs
Neste segundo navegar d*s banduas mergulhamo-nos nas mil e umha mortes… Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, a morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida… Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, … Seguir lendo As MiL e UmHa MortEs

Capítulo 1 – Como sobrevive unha feminista a unha pandemia?
Volta Furia Feminista que é un podcast que nace en marzo de 2020 en medio da pandemia mundial. Iniciamos a fase de desonfinamento e quixemos falar de como vivimos estes meses as mulleres. Que fixemos, que sentimos, que pensamos e que padecemos num estado de alarma que trouxo precariedade, incerteza e unhas rúas tomadas polo exército. Da Galiza para a Galiza e para o mundo. Seguir lendo Capítulo 1 – Como sobrevive unha feminista a unha pandemia?

Efecto Bandua a voltas coa morte: vive!
Este é o primeiro navegar de tres, à volta da dó, coa achega das vozes de duas terapeutas de distintas correntes, as vozes de gente linda que quixo compartir o que pensam elas da morte, o “Resistirei” da Julia da Taberna e moita poesia da man de Rochi Novoa e Fran. Seguir lendo Efecto Bandua a voltas coa morte: vive!

#RecitalVirtual
Abril 2020, é tempo de poesía, é tempo de escoitar e escoitarnos. Dende o confinamento 18 poetas e lectoras de Ourense e máis aló achégannos coas súas voces 26 pezas poéticas. Seguir lendo #RecitalVirtual

O virus é a coroa
Coa emerxencia ante esta crise sanitaria, social, económica, de coidados… e a raíz das medidas decretadas que impuxeron o illamento nas casa, emerxe este espazo sonoro onde compartir ideas, reflexións, vivencias, estratexias individuais e colectivas, poñendo en corentena o medo e avivando o pensamento cítrico! Seguir lendo O virus é a coroa

Capítulo 0 – Que é un podcast feminista?
Primeiro capítulo de Furia Feminista.
Falamos de podcast e do que queremos/esperamos deles. Que seccións terá Furia Feminista?
Queres coñecernos?
Dálle ao play! Seguir lendo Capítulo 0 – Que é un podcast feminista?