Nós As Poetas

Nós as Poetas é un programa de poesía producido e conducido por Rober Figui para darlle voz ás poetas que foron participando nas tres últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’ que organiza o colectivo EsCuA dentro das actividades do VeránEarte.

Un espazo de entrevistas para coñecer mellor ás nosas poetas galegas e que sexan elas as que nos falen de sí mesmas e do seu traballo literario. Pero ademais, da creación poética falarán de moitas outros temas, da vida, do amor, de música ou soños por cumprir.

Foto: Antía Balvís
Imaxe realizada por Adolfina Mesa