Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense

Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental. Seguir lendo Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense

Advertisements

SoS #5 Vivindo o rural

Desprazámonos ata a marabillosa taberna A Arca da Noe para gravar o quinto capítulo do noso programa Soa o Silencio. En ‘Vivindo o rual’ quixemos afondar nisto, no que supón vivir e traballar no rural, nas nosas aldeas practicamente abandonadas. E para iso contamos con xente que pode falar por propia experiencia. Seguir lendo SoS #5 Vivindo o rural

Capítulo # 2 – Coñeces as Burgas?

O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con  un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a  temperatura da auga. … Seguir lendo Capítulo # 2 – Coñeces as Burgas?

Caleidoscopio # 2

A loita Mapuche A historia do pobo Mapuche caracterízase, como a de moitos pobos orixinarios, pola loita polo seu territorio e o mantemento da súa cultura. Primeiro chegaron os Incas, daquela os conquistadores españois e cando Arxentina independizouse os seus sucesivos gobernos aceleraron o que os seus antepasados emprenderon: a conquista do territorio Mapuche e a aniquilación dos seus habitantes. Repasando estes sucesos chegamos ás … Seguir lendo Caleidoscopio # 2

SoS #2 8M As mulleres paramos o mundo

Hoxe Día Internacional da Muller, escoitamos as voces fortes e valentes das mulleres. Entrevistamos a unha desas mulleres, feminista en tódolos ámbitos da súa vida, de Ourense, poeta, profesora e futura académica da Real Academia Galega, a escritora Chus Pato. Da loita feminista na Galiza e tamén en Ourense e das accións e reivindicacións deste 8 de marzo, conversamos con Lucía e Ximena, integrantes da Coordenadora Local de Ourense da Marcha Mundial das Mulleres. Seguir lendo SoS #2 8M As mulleres paramos o mundo