Concertos

Venres 5 de maio

Concerto de Bouba Pandeireteiras no Venrespirar # 13.

18199560_1352290884850058_655501456852131800_n

Bouba pandeireteiras son un grupo de mozas bravas da comarca de Ordes que centran os seus esforzos en recoller e interiorizar a música tradicional do país para logo amosar polo mundo adiante o poder da diversidade do legado cultural trasmitido polas nosas maiores e a forza da nosa música e do noso canto, con todas as particularidades e matices da terra que as viu nacer.


Mércoles 5 de abril
Timba poética libre ! Recital de poesía e música acústica no café cultural Auriense.

Timba poética libre

Tanto Antía Balvís, Antía Alberte, Abraham Balbino, Alfonso Rodríguez, Carlos Da Aira como Tamila Alem recitan poesía, e Lucas Rodicio e Ori Darko danlle o gran toque de música en vivo á timba poética.
Temática libre, por suposto, e micro aberto ao final!!


Domingo 19 de marzo
Concerto de Fetén Fetén no café cultural Auriense.

feten-bailables

Advertisements