GuilhermeMoraes_aToupeiraRillandoRaizes

Ir a descargar

Son PacoDeXastre e esto e aToupeira_rillandoRaizes

Abrimos esta Toupeira, con un tema de, Octavio Cardozzo e Marcelo Veronez _Anatomía_

tema que nos serviu de banda sonora para o comezo de hoxe… Exquisito tema, no que concordamos aquí abaixo na toupeira, totalmente de mais… _ gostamos dos que teñen moito para mostrar, gostamos dos suxeitos desalinhados de xeitos atrapalhados, gostamos moito dos que tenhen muito que mostrar… _dos que camiñan sen medo e con medo tamén, gostamos de ti, a que estás aí escoitando o outro lado… O segundo tema que pinchamos de Marcelo Veronez, Eu nunca vin…. que describe unha naçon con moi boa puntería… _E o noso convidado de hoxe, nos pediu outro temazo do sr Veronez, onde Guillerme Moraes colabora coa sua voz, Eu quero ser Rita Lee_ tema no que nos sentimos un pouco reflectidos e non sei porqué será…! pois si, Guillerme Moraes nos pediu este tema que descoñecíamos aquí abaixo e descubrimos a un Marcelo Veronez, rematado en z de raposa, do que namoramos a primeira! Así somos as criaturiñas que moramos por aquí abaixo… perigosas, como o é o noso convidado de honor, Guillerme Moraes, ele e un deses monstros dos que levarías para a casa para que ata as cortinas sorriren, como sorrín cando lles entra unha corrente de ar, danzan o seu antollo, si, Guillerme e un sopro de ar, dese fresquinho que entran de mañá…

Neste espazo da toupeira de hoxe, o que quere ser unha serie de pequenos contos, neste caso un conto de monstros, nos que imos conhecer, aquelas criaturinhas que xogan ca danza, e fan do movemento o seu oficio, cousa que nestes tempos que corren, e todo un arte… Hoxe conhecimos un pouco o traballo de Guillerme Moraes, brasileiro de Velo Horizonte, como xa nos contou.., bailarín, coreógrafo, preformen e un excelente pedagogo… os que temos nenas e puidemos estar cerca desta persoa tan fermosa, puidemos captar ese don, ese trabalho ou a mistura das dúas cousas, suponho, que Guillerme ten para conectar cas mais pequenas, e non tan pequenos se un está aberto ao aprendizaxe, e como aquí na toupeira o que mais nos gusta e coñecer, aprender e rillar raizes novas, foi un luxo ter conhecido a Guillerme Moraes. No tema deste conto de hoxe, como non podía ser doutra maneira, nun conto que se prece, aparecen as criaturinhas, os monstros eses de catro ollos, con cabezas estranhas, de lugares insólitos que comen Xudías… deses monstros que fan rir e ata quixeras ser amigo deles…Despois por suposto sempre hai monstros que dan medo de verdade e quixeras que estiveran lonxe ou que desapareceran para sempre… Si amiguinhas os monstros existen, e non son eses dos contos os que podemos imaxinar coas formas mais estranhas e terribles… os monstros están con nos, moi preto, con formas moi parecidas a nos, de feito todos temos ún dentro, o que cuidamos moi ben para que non saia porque non nos gusta, e non nos deixa bo corpo cando isto sucede… pero para eso temos que reconhecelo como tal e convivir con él, e desculparnos se nalgún momento asustamos a alguén co noso monstro. Agora imos ir rematando con un tema de Rodrigo Cuevas, unha desas criaturinhas, deses monstros que dan gusto escoitalo cantar e falar… Moitas grazas por estar aí o outro lado facendo así realidade isto que é a toupeira…

Marchamos con un pedaciño de tristura no peito pero con moita ledicia porque aínda que algúns pensemos que non hai moita esperanza na raza humana, con xente coma esta que esta que estamos escoitando aqui abaixo, parecera que non estamos no certo, parecera que sempre hai un xerme de esperanza. Moitas grazas a Guillerme Moraes por traernos este sopro de ar tan fresquinho aquí abaixo, a Octavio Cardozzo, a Marcelo Veronez, a Musgo, a Alaska e os Pejamoides, a Kiko Veleno cando estaba na vola de Cristal, nese programa tan raro raro… e gracias a o noso queridísimo Rodrigo Cuevas o que vai facer de banda sonora para rematar esta Toupeira de hoxe… aínda non o coñecemos persoalmente, pero para nos xa é queridísimo…

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s