Nós As Poetas #2

Escoita o podcast:

Ir a descargar

Os micros libres e ambulantes da nosa Radio Liverdade, a radio comunitaria de Ourense volven a ocupar un escenario moi especial para Nós e alí gravamos a segunda das entrevistas do novo programa de poesía Nós as Poetas.

Neste segundo programa de Nós As Poetas Rober Figui entrevista o poeta Alexandre Brea.
Unha conversa que mantiveron o pasado 15 de maio no Café Cultural El Pueblo en Ourense. Falaron de poesía e moitas outras cousas. Ademais do último proxecto do poeta nado en Santiago de Compostela, ‘A Poesía Está Morta’, conversaron sobre a poesía galega, a lingua, a física ou temas como a infancia, a música, o cinema, a fotografía e a Cultura. Alexandre agasallounos recitando dous dos seus poemas máis coñecidos e escoitamos tamén un poema recitado pola protagonista das letras galegas 2021, Xela Arias.

Fotos: Antía Balvís

Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron e que fixeron posible este programa e especialmente a Alexandre Brea pola súa sensibilidade e por deixarnos coñecelo un pouquiño máis.

Dálle ao play e se vos gusta compartide, espallade a radio libre e comunitaria de Ourense. Agardamos que vos guste e moi pronto poderedes escoitar unha nova entrevista do Rober Figui a unha poeta das que participaron nas últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’, aquí en Nós As Poetas. Estade atentas ás nosas redes!

Fotos: Rebeca Domínguez Malingre

Nós As Poetas é un novo espazo de entrevistas na Radio Liverdade para coñecer mellor ás nosas poetas galegas e que sexan elas as que nos falen de sí mesmas e do seu traballo literario. Pero ademais, da creación poética falarán de moitas outros temas, da vida, do amor, de música ou soños por cumprir.

A Poesía está Morta, por Alexandre Brea, Álvaro Toimil.

Neste Nós As Poetas soaron:

Cabeceira do programa: Najla Shami & Uxía – Na lingua que eu falo

Song to the siren – This Mortal Coil

A firm kick – John Frusciante

García Mc & Nación Quilombo – O Espello

Ir a descargar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s