POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS: REVOLTA FEMINISTA!

Case 12 meses despois conseguimos parir este programa! Gracias a colaboración de Uxía nos mandos técnicos, unha amante da edición…e a todas aquelas voces que se pronunciaron e encheron de enerxía as prazas e as rúas, en particular na cidade de Ourense.

Con este programa queremos facer memoria. Un pedaciño efímero do feminismo a partir da recollida de sons, ritmos e ideas que atravesaron corpos e lugares o domingo 3 de marzo do 2019, durante a manifestación galega que tivo lugar en Lugo desta volta, e tamén o venres 8 en Ourense, día de folga de coidados, estudantil, laboral e deconsumo, así como de celebración, de re-encontros na rúa e de loita, día no que remexerse e pronunciarse de xeito público e colectivo anteas inxustizas, a falta de liberdades e dereitos.

Somos conscientes de que se trata dunha ollada parcial e situada. Para nada pretendemos con esta recollida radiofónica dar unha visión global, monolítica e única do feminismo nos nosos contextos máis locais, pretensión imposible e sen interese para nós. Sabemos da diversidade inherente ao movemento feminista e ás feministas en xeral, polo que coma sempre na vida o conflito agroma. Así que aproveitamos estas liñas para manifestar a propia vontade de diálogo e de cultivo, o propio desexo de procurar entenderse para evitar polarizacións innecesarias e escaladas de conflito. É claro, o conflito, a tensión é inevitable por sermos diversas, mais procuremos unha xestión amable e xeradora da mínima dor posible.

Queremos con este programa lanzar unha semente que alente outros programas nos que dar voz ás voces diversas en torno dalgúns temas para os que temos a responsabilidade de ollar . Un espazo nas “ondas” no que pensar, reflexionar e discutir sobre temas que urxe abordar por responsabilidade individual e colectiva: anti-punitivismo e criminalización e de como o estado aproveita a ocasión, exclusividade sobre o suxeito político do feminismo?, prostitución, pornografía, actitudes…

Cómpre fiar fino, facer autocrítica e revisar discursos e prácticas… a radio pode ser unha boa escusa pra isto!

Músicas que aparecen no programa:
– “Ven loitar! ” Galegas 8M e batukeiras Galiza
– “La calle es nuestra otra vez” – Huelga Feminista 8M 2019:
https://www.youtube.com/watch?v=KNEZFLn_kMQ
– “VIVAS, Mujeres con discapacidad intelectual cantan por la igualdad”:
https://www.youtube.com/watch?v=zlJ0FqWMxTI
– “Yo por ellas ellas por mi”:
https://www.youtube.com/watch?v=xglTGuDd1-M
– Deolinda: “Movimento perpétuo associativo”
– VerdeGaioLilá” Galegas 8M e batukeiras Galiza

Agradecementos a Galiza Contrainfo

Se queres máis información sobre as convocatorias dende 2018 e a deste
2020, podes consultar o seguinte enlace: http://galegas8m.gal/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s