Emerxencia climática: Unha perspectiva local

Escoitar o programa

Estamos a vivir en Ourense, Galiza e no mundo enteiro unha serie de mobilizacións masivas, sobre todo no ámbito do estudantado enmarcadas na loita contra a emerxencia climática. É por a isto que a Radio Liverdade sae unha vez máis ao encontro para tomar o pulso desta loita falando coas súas protagonistas. Abrimos os micros, desta volta no Café Cultural El Pueblo de Ourense para ter unha diagnose de primeira man da situación presente e futura do país en relación ás mudanzas causadas polo quecemento global.

 

Manuela e Emilio falaron con Carmen Rodríguez (Auga Limpa Xa), Zoé Miolane e Carolina Barbosa (Sustinea), Raquel Fernández (Amigas da Terra) e Xavier V. Pumariño (Biólogo ambiental) para coñecer que é o que estamos a vivir en canto ao clima de maneira global, como nos afecta no local e cales son as súas causas e posíbeis solucións.

Ademais tamén puidemos contar coas opinións de José Antonio R. Añón (coordenador do Mestrado en enerxías renovábeis, cambio climático e sustentabilidade da USC), Patricia Soto (escritora e avaliadora de proxectos LIFE e H2020, participou en Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Nais polo Clima), Manuel Casal (escritor e activista), Alberto Navarro (responsábel de políticas de conservación e agrarias do FRECT), Silvia Mette (estudante no IES República Oriental do Uruguai de Vigo e Fridays 4 Future), Inés Pascual (Nais polo Clima) e Alicia Puleo (filósofa e ecofeminista).

 

Moitas grazas a todas as que participases, polo voso tempo e visión sobre o clima.  Tamén graciñas a Martiño e Pablo pola realización e as fotografías, e a Iago e máis ao Café cultural El Pueblo pola súa disposición e hospitalidade.

 

Neste programa soaron:

Ambiente concentración de Rapac@s polo cambio climático (Vigo)
Nanan – Casa da floresta
Caxade – Gente Pota
O Sonoro Maxín – O carreiro
Gonçalo Guerreiro – Fado Liberdade

Escoitar o programa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s