FIB 2018

Escoitar o FIB

Escoitar as entrevistas

Remata o veránEarte e como todos os anos, faino con festa. O Festival Intercultural do Barbaña é o remate da programación cultural destes dous meses de verán nos que os colectivos de EsCuA non pararon. E un ano máis queremos partillar con todas vós esta festa.

39777374_1910095629046469_8613293059402104832_o.jpg

En concurso participaron os seguintes grupos:

O festival non é só o concurso, xa que tamén tivemos as seguintes actuacións!

 

Ademais de poderdes escoitar o FIB completo tamén temos entrevistas con moitas das participantes desta edición. A nosa compañeira Mar estivo entre bambalinas falando con elas.

Escoitar as entrevistas

O xurado, composto por Carmiña Sueiro, Laura Pato e o Labra, xunto coa representante do público elexida aleatoriamente entre as asistentes, Chus, decidiron que as gañadoras deste ano foran:

  • 1º Premio – As Femilistas

  • 2º Premio – Manette

  • Xurado popular – Nubes baixo Ti

Como nota cómica final temos que agradecer ao alcalde Jesús Vázquez o seu bo humor. Dentro da súa cruzada contra a cultura da nosa vila tratou de presentarse in extremis ao FIB con unha vella canción, “O que non podo controlar prohíboo”.

Así, un par de horas antes de comezar mandou unha patrulla da policía municipal coa idea de que non se celebrase o festival. Ante a negativa da organización, minutos máis tarde, mandou un comunicado á prensa que ben se pode resumir en “pataleta porque non me gusta que se rían de min” amenazando a EsCuA con multas e pragas apocalípticas.

Non sabemos ben se é porque non lle gusta que a xente faga actos culturais non organizados polo seu goberno ou se é porque na publicidade do FIB facemos mofa da súa intención de marchar de Ourense, neste caso agardamos que non queira prohibir o Entroido ou os Maios. O que si que sabemos é que a excusa que pon, o non pagamento das taxas municipais para a utilización da vía pública, é consecuencia de que non cumpriu o acordo susbscrito por el mesmo para eliminar estas taxas no pleno do concello do día 6 de xullo. Os colectivos que forman parte de EsCuA decláranse en rebeldía a esta taxa por considerala inxusta. A súa labor é facer actividades para a xente sen ningún ánimo de lucro e a taxa está pensada para actividades comerciais. Podedes ler a valoración de EsCuA ao respecto na súa páxina web.

Graciñas a EsCuA e a Óscar Allos pola organización tanto do FIB coma de todas as actividades do veránEarte, por facernos tan sinxelo todo a todas as participantes. Grazas tamén a Mar polo traballo feito entrevistando antes do festival, a Robert e Óscar Pinal polas súas fotos!

Co traballo de todas a cultura en Ourense sempre seguirá viva!

Escoitar o FIB

Escoitar as entrevistas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s