_A Toupeira_A Caixa de Pandora

Escoitar o programa

Imos escoitar un concerto, que gravamos coa nosa gravadora nómade, un grupo de Lisboa que se chama A Caixa De Pandora, e tamén os roidiños típicos desta Arca, que é a da Noe. Imaxinade que estades na Arca, visualizádea se a coñecedes, senón, inventádea. Pechade os ollos e abride ben as orellas e escoitade a este trío que o conforma Rui Filipe ao piano, a Sandra ao Chelo, frautas, clarinete e María ao violino. Tres criaturiñas da música clásica pero tan contemporáneos, frescos e soñadores.
A súa música e un viaxe continuo. Esta Arca sumiuse nesa viaxe, nesa Caixa de Pandora. O desamarre non foi doado, como todo comezo, supoño, pero según fomos aloxándonos da costa, dímonos conta de que nos ía levar lonxe, a portos descoñecidos, o que a Toupeira tanto anxía. Puídemos sentir, o ar batendo nas nosas caras, e ver como as gaivotas despedían o día voando cara algunha illa cercana a esta costa, quen sabe. Vimos como anoitecía e como o mar quería revolverse. O que imaxinamos, que ía ser unha noite idílica, prognosticaba todo menos iso.
O cociñeiro desta arca continuaba no seu labor como se nada. Nos as mariñeiras, tivemos un pequeno alivio, seguido desa ansiedade de querer mais, mais historias que pronto chegarían, a modo de sereas e ardentía.

descarga.jpg
As portas da Arca batíanse nun silencio que non paraba de soar. Soaba a Mariñeiras bébedas e pillabáns, a fantasmais peliscos no cu, que notabas e tiñas que mirare cara atrás e cara adiante, por si alguén cachábate mirando cara atrás.
O sol quería saír no horizonte. A mañán estaba fresca, e podías sentir a pel como se tensaba. O sol pronto apareceu, e aquela tirantez converteuse na resaca da noite pasada. Estabamos de viaxe, nesa viaxe na que non paraban de suceder cousas. Os peixes saltaban no mar.
As ondas subiron e baixaron creando ese valeiro no estómago, como cando subes nunha
montaña rusa. Os pensamentos, o tempo, parecía pararse , ir mais lento, non existía se cabe. Ata que tocaba fondo e acordabas daquel ensonho de inquietude. Outra vez as sereas. Miraba o redor e si, aquilo era unha viaxe, a viaxe que estabamos esperando. Agora era real.
Unha vez ordenado os nosos sentimentos, comezamos a voar, soltáramos amarras de verdade. A arca navegaba a dez centímetros da iauga. Entramos no mundo dos sonhos. Idiomas estraños que se antoxaban tan cercanos. Estradas con curvas facendo estradas. As criaturiñas pasaban saudando, arbores de cores. Outono talvez. Un novo dia amañeceu naquel camarote, saltando polos aires, batendo contra o chan, pero non tiven tempo de pórme de pe, cando tal xa estaba voando en dirección o catre, o que desaparecía para ver outra vez o chan, o teito, aquelo parecía non ter fin.
Era dança mesturada con briga, apaixonada coma toda briga e dançarina coma un tango. Que tango. Búlgaro?
Co paso do tempo aquela viaxe atemporal, converteuse tan sequera, nunha rutina onde danzábamos coa nosa mente e a da veciña do lado, con aquel Chelo, Violino e Piano. As sereas, as sereas roubáronnos.

Escoitar o programa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s