A Festa dos maios é a festa da primaveira, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Siñifica o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do hourizonte e coller altura e forza.
Vicente Risco
A equipa de Radio Liverdade saíu a rúa para facer un programa especial sobre a Festa dos Maios. O 6 de maio de 2018 estivemos dende os Xardíns do Pai Feixóo de Ourense retransmitindo en directo durante máis de dúas horas. Dende as once e media da mañá contamos na mesa cun faladoiro conducido polo compañeiro Lucien que nos achegou á tradición dos maios na cidade co investigador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Avelino Rodríguez González e con Mónica Fernández Valencia da Asociaicón Cultural Algaravía. Con eles abordaron a historia e orixe desta festa que exalza a natureza, a fertilidade e celebra a chegada da primavera, e o ciclo do maio no campo, un rito ancenstral que se mantén vivo ao longo da historia ata hoxe. Unha tradicion común a moitos países de Europa e que foi evolucinando no tempo, dende o mundo pagán ata o cristianismo e tamén a época da censura durante do franquismo. E non hai maio sen coplas, delas falamos tamén, cantigas populares que cantan ao redor dos Maios, e que se caracterizan pola sátira e a crítica social. Cada colectivo que participa nos maios fai a súa propia crónica social do acontecer local. Unha lectura das coplas, dende as máis antigas que falaban dos labores do campo ata as coplas urbanas de hoxe, serve para coñecer tamén a historia da sociedade ourensá e o seu devir cotián.
Mentres unhas pasaban polos micros de Radio Liverdade, outras agrupacións eran entrevistadas pola nosa reporteira, Mar. Estes cortes podédelos escoitar no programa no momento en que paramos a emisión para darlle tempo a tódolos colectivos para cantar as súas coplas diante do xurado. Ao mesmo tempo Alfonso estaba tirando todas estas fotos que temos aquí e moitas máis que podedes ver no noso álbum de Flickr. E para achegarvos os Maios de tódolos xeitos posíbeis, Martiño encargouse de gravar en vídeo moitas das coplas que participaron este ano, podédelas ver na nosa canle de Youtube.
Ata os micros de Radio Liverdade achegáronse algúns dos grupos participantes nas diferentes modalidades. Celatroula, Porque me peta, A Galleira, A Palleira dos Filipinos, Os Lolailos, Scouts Ilex 695, A Kasa Negra, Ceivar, CEIP Vistafermosa, Franciscanas, CD Purísima, Colexio as Mercedes, Residencia San José, Amencer, Marcha Mundial das Mulleres, a Ronda do Auriense e as Crianzas da Ronda do Auriense. A todas, moitas grazas e vivan os Maios!
Maio
Aí vén o maio
de frores cuberto …
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! …Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero …Queredes castañas
dos meus castiñeiros? …
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
Ás 19h pechou a xornada un concerto de Radio Cos, que nos permitiron gravar unhas pezas que tendes dispoñíbeis subscribíndovos aos nosos Eventos en ivoox e que tamén podedes escoitar aquí:
Radio Cos – O Rumbeiro de Sas
Radio Cos – Sete Cuncas
Radio Cos – Ven bailar Carmiña
As gañadoras nesta edición de 2018 dos Maios foron:
Maio Artístico: “As meigas feiticeiras” de Óscar González
Maio Enxebre: “O maio en pé” de A Galleira
Maio Infantil: IES 12 de Outubro
Mellores Coplas: A ronda do Auriense
Mellores Coplas Infantís: “Nós e pingadas” da ANPA Pía da Casca
Neste programa soaron:
Alalá (TVG) – Os maios en Ourense, 2010 (entrevista a Amando Iglesias Moure)
Luar na Lubre – Galaecia
Berrogüetto – Cancro crú
Señora Carmen – Ramo verde
Ligazóns de interese:
Álbum de fotos dos Maios 2018 en Flickr
Lista de reproducción dos Maios 2018 en Youtube
Marcha Mundial das Mulleres
Porque me peta
Ceivar
A Galleira
A Kasa Negra
Scouts Ilex 695
Celatroula
Os Lolailos
Radio Cos