Tutorial: A nosa canle de Telegram

Queremos que poidas estar ao tanto de todo o que facemos en Radio Liverdade e para iso, creamos unha canle de Telegram. Telegram é unha aplicación de mensaxería á que podes acceder dende o teu teléfono Android, iOS ou Windows Phone ou dende o teu ordenador con Linux, Windows ou Mac ou, se non queres descargar nada, tamén podes entrar a través da súa páxina web. É parecido a Whatsapp pero con moitas máis funcionalidades, coma as canles de difusión, que é o que creamos para informarvos de tódalas novidades de Radio Liverdade.

Para poder acceder só precisades baixarvos a aplicación no voso dispositivo, sexa cal sexa, e crear unha conta introducindo o voso número de teléfono. Outra das diferenzas con Whatsapp é que, aínda que introduzas o teu número de teléfono, podedes metervos en grupos ou canles sen que ninguén saiba o teu número se non llo das ti directamente.

 

Unha vez rexistradas, se o facemos dende un teléfono Android, pediranos permiso para ver os nosos contactos, ao que lle teremos que decir que si para que poidamos ver ás persoas que xa conocemos que xa están a usar Telegram. Levaredes unha sorpresa ao ver cantas hai!

Agora só falta meternos na canle de Radio Liverdade, para iso podedes buscar @radioliverdade ou simplemente premer no seguinte botón:

Telegram

Simplemente iso! Xa estaredes ao tanto de tódalas nosas novidades e actividade! Se queredes saber de máis canles de Telegram en galego, metédevos na canle “Canles en Galego“, unha canle a modo de directorio que se vai actualizando coas novas que se van creando e que usan o noso idioma.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s