Turnes&Casquero&Ferrandez Trío tres criaturiñas da música blues

 

Entra na Toupeira e escoita o programa

 

Hoxe a nosa Toupeira viaxou pola veira do Miño deixando Portugal a man esquerda ata chegar a unha taberna desas que tanto nos gusta aquí abaixo, o Gastro Bar Jazz&Blues. Inaugurábase como tal e nos estivemos alí. Cando entramos no Jazz&Blues de Salceda de Caselas, aquí os Desastres, puidemos notar a felicidade naquelas caras, sobre todo na de unha criaturiña, pero ese é outro conto.

A cristaleira do Jazz&Blues chorreaba, aquel sitio cheiraba a comida recen feita, a alegría e a outra cousa que lle chaman Blues. Os Turnes&Casquero&Ferrandez Trío estaban tocando ¿entendedes? Aquelo era unha festa!

image1

E como en toda festa que se precie non podían faltar os invitados. Imos escoitar o Blues do Desamor, de Emilio, o comandante do gastro bar Jazz&Blues. San Desastre a harmónica, unha das criaturiñas da Toupeira e Laura Taka tamén estaba por alí, cantante de grupos da escena viguesa como The Mob Swing, McFlys, Vigo Negro Son e por suposto Os Guiris un grupo musical formado por profes e alumnos da escola de idiomas de Vigo, aos que desde aquí queremos agradecerlles a súa acollida en tempos pasados e a Fabio especialmente, profe de Italiano e precursor de esta idea tan fermosa que son Os Guiris, ¡moitas Gracias a todas vos criaturiñas guiris!

A Bakin’ Blues Band comeza o seu camiño como formación de blues durante o 2008 en Santiago D. C.. Dende ese momento, iniciase unha ininterrompida sucesión de concertos, tanto nos circuítos institucionais como en salas privadas. Desde os clubs de Santiago (Dado Dada Jazz Club, Sala Capitol, Auditorio de Galicia, Fraggle Rock…) hasta ampliar progresivamente o seu radio de acción o resto de salas de Galiza, Madrid, Euskadi, Portugal, etc. A día de hoxe, acolle na súa historia actuacións no Festival Blues no Sil (Ourense), Festival da Zona Histórica de Chaves (Portugal), Feito a Man (Santiago), Festival de blues de Burlada (Pamplona); e nas salas como o Jazz Club Be-Bop de Donostia, o blues-club La Coquette a Sala Moe ou a sede da Sociedade do Blues de Madrid (lugares a os que acoden, xa case como tradición, en dúas mini xiras anuais xunto o batería Pablo Bárez).

 Nese tempo, a Bakin’ Blues Band comparte escena con músicos do blues e do soul recoñecidos internacionalmente como Bárbara Lynn (sendo a súa banda durante a única actuación europea en 2013), Bonney Fields, Little Mike & The Tornadoes o Marcos Coll; e tamén con outros ben recoñecidos no Estado, como Edu Bighands, Xulián Freire o Tonky de la Peña, entre outros.

A formación base da Bakin’ e o quinteto integrado por: Xavier Turnes (Voz, guitarra); David “Tato” Vázquez (guitarra); David Prieto (baixo); Ale Casquero (piano); Lucas Ferrández (batería). Eventualmente pode ser completada pola sección de ventos formada por Manu Paino (t), Martiño D. Mato (s) e Olivier Cano (ts), todos eles músicos galegos con unha amplia experiencia.

No 2013 a Bakin’ realiza unha intensa xira polos circuítos do Blues de Euskadi, Castela  León (Béjar), Estremadura e Madrid presentando o seu premer disco titulado: “Jumpin’ in a deep blue sea”. Esta xira termina coa gravación dos “Directos de la Coquette”, da man do prestixioso bluesman madrileño, Edu Bighands. Esta gravación permanece inédita e nela colaboran grandes músicos da escena madrileña do blues como o propio Bighands, Xulián Freire, Pere Mallén ou Sergio e Pablo Bárez entre outros.

A principios de verán do 2014, a Bakin’ volve ao estudio para gravar, mediante sistemas analóxicos, o seu EP titulado: “It’s always party time at home”. Este EP sairá editado pola discográfica Gaztelupeko_Hotsak, constituíndo o primeiro traballo da banda con música e letra orixinais.

Diríamos que o poderío desta formación estriba precisamente na potencia duns directos que teñen colleitado, xa, una intensa e duradeira acollida dun público consolidado que goza escoitando esa enérxica mestura de blues de Chicago, rumba, soul e boogie-boogie. Boa proba delo e que a finais do 2014 comezan o seu sétimo ano consecutivo como banda residente en Santiago, actuando semanal e ininterrompidamente na cidade, primeiro no Dado Dadá Jazz Club e despois no Fraggle Rock.

Estamos fora…

Esperamos que desfrutarades da festa da festa, nos pasámolo moi ben. Moitas gracias a Turnes Casquero e Fernández Trío, Sabela King, Benxamín Vázquez, Ramón Figueiras “Figui” por ese saúdo musicado tan fermoso, e como non o gastro bar Jazz&Blues.

 

image2

E como postdata, agradecer a uns lagartos moi especiais, gostan de tomar o sol como os demais, pero estes son amigos nosos, fixeron unha aportación da ke estamos moi agradecidas, as criaturiñas da toupeira, moitas gracias Lagartos, Lagartas, Lagartixas… Oímonos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s