Fala o Grupo de Apoio Mutuo de Ourense

Escoita o programa

Os micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental. E fannos partícipes do seu manifesto en que fan un chamamento aos profesionais pero tamén a toda a sociedade que os afasta e estigmatiza. Deste xeito queren romper coas barreiras e os tabús sobre as persoas con padecementos mentais.

Dende a equipa de Radio Liverdade moitas grazas pola vosa valentía e responder ás nosas preguntas.

MANIFESTO GAM

Con data do 13 de Marzo do 2018, un servidor, coma membro do GAM (Grupo de Apoio Mutuo) de Ourense manifesta o seguinte:

–En primeiro lugar, existimos, estamos aquí e queremos por de manifesto que coma suxeitos con ou sen diagnostico que tivemos ou temos un padecemento psíquico, a nosa opinión, vivencia e experiencia en canto a situación que nos toca vivir ten que estar presente no marco do ámbito da actuación do persoal clínico  dos profesionais da saúde mental.

–En segundo lugar, queremos por de manifesto que a atención sanitaria a persoas coa nosa problemática non pode basearse en emitir un diagnóstico, prescribir unha medicación e facer un seguimento en moitos casos que se prolonga no tempo dunha maneira moi espaciada tendo en conta que a nosa problemática ten un carácter continuo   e merece un seguemento activo cunha periodicidade moi curta.

–En terceiro lugar, queremos por de manifesto que nós somos, nós vivimos, nós padecemos, e polo tanto tamén temos dereito a decidir sobre nós mesmos. Non estamos á marxe, e queremos formar parte dun proxecto integral no que a nosa opinión acerca dos medicamentos que poidamos tomar sexa tida en conta.

Estes son os 3 puntos principais do manifesto do GAM de Ourense dos que nos facemos eco coa xentileza de Radio Liverdade aproveitando para informar do traballo que estamos a facer para que o noso GAM poida converterse nun futuro nunha asociación, agardemos máis pronto que tarde e que nos permita chegar a máis xente, contar con medios á nosa disposición e seguir traballando na nosa causa, unha causa xusta que non busca máis que a mellora da nosa situación como persoas dentro dunha sociedade que nos aparta e que nos estigmatiza, con honorables excepcións, coma a do programa de esta noite, no que se nos cede un espazo para as nosas reivindicacións.

Moitas grazas dende o GAM de Ourense

saldremos-de-esta_primera-vocal
Ilustración de Ana Peñas

Ligazóns de interese:

A cadea do váter
Movemento Galego da Saúde Mental
Recomendacións profesionais do Colexio de Xornalistas de Galiza
Guía de estilo sobre salud mental y medios de comunicación (en pdf)
Radio Prometea
Radio Aurora
Radio Nikosia
Radio La Colifata
Colección de materiais de congresos en Entrevoces
Asociación NuevaPsiquiatría
La Otra Psiquiatría
Guía de salud mental “Saldremos de esta” (en pdf)
Xarxa GAM
Flipas GAM
Artigo “Salud mental y periodismo”
Día Mundial da Saúde 2017 OMS

Neste programa soou:

Citokid – Fluid Tomorrow

Escoita o programa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s