A toupeira_ rillando raíces_1

 

Hoxe a nosa toupeira embarca nunha taberna en Vilar de Santos, na Arca da Noe. Unha taberna moi especial para nos, os degustadores de raíces. Ten unha axenda de concertos ao vivo que me atrevería decir, que é unha das salas de concertos máis activas do país, e se non me equivoco está recoñecida como tal.

Xaneiro_2018

Entra na toupeira e escoita o programa

Bos días pola tarde ou pola noite!

Sí, a todas vos criaturillas que madrugades máis que os galos, as que vos gusta almorzar o mediodía, ou a vos, as que falades con mouchos, coruxas e demais animaliños nocturnos…

Inauguramos a nosa toupeira, esta desde a que che falamos. Que non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pote a ferver. E a nosa terraza é o monte,  son os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.

Eleximos moi ben o anaco de terruño onde nos imos instalar, porque é de aí de onde nos imos alimentar. Das raíces que máis nos gustan, e das que aínda non coñecemos que son as que nos fan sentir vértigo e latexar o corazón a ritmos descoñecidos pero dalgunha maneira familiares, ritmos vertixinosos, dos que petan no peito, dos que se fan notar, dos que che fan salivar e non che deixan falar, dos que confunden, pero morrerías por eles, por eses ritmos que son os que che recordan que estás vivo, porque estás vivo, sábelo, non?…

Como nós estamos moi vivos, queremos sabelo todo sobre vos, as criaturillas do rural, que é o hábitat natural da nosa toupeira, pero se temos que instalarnos nalgún sumidoiro de calquera cidade, tamén a imos acondicionar para que pareza unha verdadeira toupeira.

Os de aquí abaixo, somos moi, moi curiosos e temos moitas gañas de saber cómo se move o mundo dende aquí, precisamos saber para logo divulgalo, sempre co permiso da outra parte, claro está! E sempre, sempre mantendo a intimidade ao máximo posible en cada caso. Esto quere dicir que só imos contar o que ti queiras que contemos.

Hoxe a nosa toupeira embarca nunha taberna en Vilar de Santos, na Arca da Noe. Unha taberna moi especial para nos, os degustadores de raíces. Ten unha axenda de concertos ao vivo que me atrevería decir, que é unha das salas de concertos máis activas do país, e se non me equivoco está recoñecida como tal.

Santa Noe, que é como lle chaman por aquí algunha das criaturillas que frecuentan esta arca, vainos presentar aos Palankalama, un cuarteto instrumental afincado no Porto, dedicados a música folk de varias rexións. O rock e o jazz son algúns dos vehículos utilizados para trazar as suas narrativas.

Os Palankalama son_Anival Beirao ao contrabaixo, Pedro Joao a mandolina, cavaquinho portugués e guitarra, José Ricardo a outra guitarra,  Rui Guerreiro a batería

 

No 2016 os Palankalama editaran o que será o seu primer disco homónimo no sello Bance, no cal dedicaranse á exploración dalgunha música tradicional norteamericana como o blues, bluegrass ou a música folclórica de carácter indíxena do mesmo país. O disco presenta tamén influencias da música latinoamericana nunha procura constante reinventando universos musicais como o de Tom Waits ou Mark Ribot.

A mandolina é o instrumento central neste disco conformando a maior parte das melodías dos temas, asumindo así unha enorme influencia na sonoridade do fonograma.

306F4ECE-8C40-45FE-AACD-9230F370D1C9

As músicas que soaron_

  • Kroke_ Ajde jano
  • Palankalama_ Esmeralda
  • O genio da morte
  • Baile psicológico
  • Grabación en directo…

Producción e dirección_ Lord deSastre, Paco deSastre e Uxía deSastre

Colaboradores_Noe, Ruth Labad,Natalia Tourinho, Fernando Perez, Uxio Couto, Ras David, Agnieszka

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s