SoS #5 Vivindo o rural

Escoitar o programa

Desprazámonos ata a marabillosa taberna A Arca da Noe para gravar o quinto capítulo do noso programa Soa o Silencio. En ‘Vivindo o rual’ quixemos afondar nisto, no que supón vivir e traballar no rural, nas nosas aldeas practicamente abandonadas. E para iso contamos con xente que pode falar por propia experiencia.

Nunha conversa con Belén de Alicornio, Fer de Faragullas, a Noe de A Arca da Noe e Roberto, O Reberete contan cal foi a súa motivación para comezar un proxecto no rural, as dificultades e atrancos que tiveron nos comezos e teñen no seu día a día, e tamén as vantaxes de vivir nunha aldea, que son moitas.

E escoitamos tamén as reflexións de María de Erva Meira e Sandra do Courel, uns días antes estivemos con elas e vimos e gravamos como traballan. Unha elabora produtos cosméticos, xabóns, champús, bálsamos e mexunxes que curan a base de herbas. E a outra recolle castañas, fai fariña e con elas elabora biscoitos, ademais, ten colmeas e piñeiros dos que comezou a extraer a resina.

Tamén gravamos a Roberto, O Reberete, no taller na aldea do Val, en Cea, onde constrúe os seus intrumentos tradicionais como gaitas e pandeiretas.

Todas comparten a súa aposta persoal por vivir e traballar no rural e elaboran de xeito artesán produtos únicos. Cóntannos como foi o proceso de poñer en marcha as súas iniciativas, a transmisión do coñecemento, quen os ensinou e os apoiou e como evoluciounou a súa propia apendizaxe para facer viables estas iniciativas. Tamén abordamos con elas temas como a xestión do traballo, para non caer na autoexplotación algunhas apuntan a importancia do autocoidado.

Moitos dos proxectos dos que falamos utilizan os recursos propios do lugar en que viven como fonte de aproveitamento, así xestionar os castiñeiros e piñeiros do lugar, secar castañas, recoller froitos e herbas ou cultivar os seus propios froitos ecolóxicos cos que elaboran os seus licores require moito esforzo e tamén  facer un uso sostible dos recursos. 

Na Arca da Noe (Vilar de Santos) domingo 3 de decembro de 2017

Crer no que fas é o primeiro paso para conseguir un proxecto de éxito, como é o caso da taberna cultural da Arca da Noe, o ano pasado recibíu o Premio Martín Códax Organistrum Salas, á mellor sala de concertos do país, e por un oco na súa axenda teñen que agardar músicas e músicos de renome nacionais e internacionais. Dende Vilar de Santos a súa programación musical e cultural é das máis completas e recoñecidas, e chega lonxe moi lonxe. Coma lonxe tamén chegan as pandeiretas e instrumentos de O Reberete, apreciados polo mundo da música tradicional galega, pero tamén se comezan a querer tocar en todo o mundo.

Preocúpalles e preocúpanos o despoboamento que sofren as nosas aldeas, a perda de xente, a perda de servizos e a falta dunha política que apoie de verdade o rural e as súas potencialidades. E falamos do futuro.

Porque no rural hai tamén moita vida e xente coma elas que lle dan vida.

Escoitar o programa:

Descargar este programa

Neste programa soou:

Cabeceira: Namorados no AndénFernando Barroso (Intropía)
Emilio José – Non me gustaba o meu pobo
Ki – Minueto de Monfero

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s