Entrada dos lavadoiros das Burgas, na súa ubicación actual.

Capitulo # 3 – O lavadoiro: entre a memoria e a especulación.

Neste derradeiro capítulo, combinamos dúas conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa.

Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade:
Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras.
Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces asBurgas?”.
Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capítulo, vos permita coñecer e defender a cara oculta do termalismo ourensán.

Antiga panorámica dos Lavadoirosdas Burgas, cando estaban no exterior.
Antiga panorámica dos Lavadoiros das Burgas, cando estaban no exterior.
Fonte: Fondo Pacheco, Arquivo Municipal de Ourense (AMOu).

As lavandeiras são mulheres que moram nas fontes da Galiza e que se apresentam envurulhadas de uma aura misteriosa. Estas lavandeiras cando estão a lavar convidam a quem passa a que lhes torça a roupa. Se a pessoa o faz no mesmo sentido que elas, a ação carrexa-lhe males. Isto ficou associado a forças malignas e mesmo ficaram recolhidas em certas canções tradicionais como:

eu passei por Vilarinho
por Vilarinho cantando
as moças de Vilarinho
quedam no rio lavando

Menina tu es o demo
que me andas atentando
que no rio, que na fonte
sempre te encontro lavando

Esta desconfiança pode ter a origem da imagem que se tinha destas mulheres que só desfrutavam de uma parcela de independência e libertade na que criavam um espácio próprio, cousa que representava uma ameaça para os privilégios dos homens. Por isso as acusavam de bruxas e aliadas do demo.

Antigo lavadoiro público das Burgas.
Hoxe segue na zona, aínda que poucos sábeno, está nos baixos da Praza de Abastos, e recibe poucas visitas, as lavadoras conseguiron que a moitas casas non lles sexa necesario; o progreso ten esas vantaxes, non todo é malo, o contrario pero temos que saber aproveitar o bo. [texto recollido do blogue da fonte orixinal]
Antigo lavadoiro público das Burgas.
Fonte: Ourense no tempo.
Enlace ao artigo da fonte: http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2008/12/as-lavandeiras.html
Termalismo, praza de abastos, lavadoiro.
Termalismo: praza de abastos, lavadoiro. Laterais da praza de abastos e lavadoiro das Burgas (nos baixos), estado actual.
Termalismo: casas de baños de Ourense.
Termalismo: casas de baños de Ourense. Casa de Baños do Outeiro, estado actual, fachada dende o río e dende a rúa do Outeiro. Estado actual do solar onde se ubicaba a Casa de Baños La Moderna. Vista do Barbaña, río que circunda ambas e a praza de abastos.
Advertisements

Un comentario en “Capitulo # 3 – O lavadoiro: entre a memoria e a especulación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s