Capítulo # 2 – Coñeces as Burgas?

O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con  un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a  temperatura da auga.

IMG_9237
Burga de abaixo

Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón tamén deixar as súas visións do patrimonio histórico das Burgas.

IMG-20170407-WA0001
Taller “Coñeces as Burgas ?”.

Neste capítulo, transmitimos unha das visitas guiadas polo arqueólogo Óscar Penín quen, grazas a súas referencias e anécdotas,  evidenciou tanto os aspectos históricos e arqueolóxicos da zona como as problemáticas do seu estado actual e futuro.

IMG_9253
Lavadoiro debaixo da praza de abastos.

 

Unha viaxe que nos conducirá dende a época romana ata os nosos días e na que presenciaremos os distintos acontecementos que fraguaron este emblemático espazo ourensán.

_MG_9294
Unha vendedora no Rianxo.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s