Capítulo # 1 – O lavadoiro e a lavandeira

Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas.

LAVADOIRO (4)

Así comezou a xornada do 7 de abril 2017, organizada por varios colectivos ourensáns, co obxectivo de descubrir o patrimonio cultural e histórico da zona das Burgas, permitindo así coñecer a zona en todas súas dimensións. Ata as máis descoñecidas. Un equipo de Radio Liverdade os acompañaba, para inmortalizar o evento e dar conta dos sucesos do día.

Neste primeiro capítulo, presenciaredes unha conversa entre o equipo de Radio Liverdade e María, unha lavandeira, no formidábel lavadoiro da praza de abastos. Este espazo, tén unha importancia histórica e cultural manifesta. É aínda o lugar onde moitas mulleres no só se reúnen para lavar a roupa, senón tamén para compartir, falar, e afastarse das súas preocupacións da vida cotiá e… dos homes.

LAVADOIRO (3)

É preciso avisar ao oínte de que a nosa presenza alterou a atmosfera do lugar e a tranquilidade que proporciona ás súas usuarias. Ao entrar no lavadoiro, invadimos, sen pretendelo, a intimidade das mulleres. Esa da que adoitan desfrutar en compañía e sen intromisións.

Neste senso queremos agradecer a María pola súa confianza e evidenciar o feito de que a desaparición do lavadoiro, non só é unha perda dunha parte do patrimonio cultural ourensán, senón tamén a aniquilación dun dos derradeiros lugares públicos onde se preserva a autoridade e intimidade das mulleres, veteranas ou non.

LAVADOIRO (2)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s