SoS #1 As ameazas do CETA

Estamos encantadas de presentar o noso primeiro capítulo de Soa o Silencio. Trataremos en cada programa de achegarnos e escoitar realidades incómodas, asulagadas e moitas veces silenciadas nos medios de comunicación de masas.

Faremos soar o silencio da man das súas protagonistas, as voces da rúa e falaremos cas que máis saben de cada asunto para que sexan as que boten luz a temas escuros.

Temas sociais e culturais de Ourense, do país e do mundo.

Escoitar programa:

Neste primeiro capítulo de estrena falamos do CETA, o famoso Comprehensive Economic and Trade Agreement, é dicir o tratado de libre comercio entre  Canadá e a Unión Europea e que vai ser ratificado inmientemente polo Parlamento europeo o vindeiro dia 15 de febreiro.

As ameazas do CETA son moitas, ferirá os nosos dereitos fundamentais como persoas, é por iso que o sábado 21 de xaneiro cidadáns dunha vintena de localidades do estado se mobilizaron para amosar o seu rexeitamento ao CETA, entre elas Ourense.

Falamos con Ánxeles Faraldo, representante da plataforma Ourense di NON ao TTIP,  para analizar polo miúdo os prexuízos deste tratado e coñecer os efectos concretos na nosa realidade, nos dereitos como traballadoras, na seguridade alimentaria e no medio ambiente. Tamén lle preguntamos que podemos facer as cidadás para que non chegue a aprobarse.

Uníronse á conversa Daniel Rodicio, do Sindicato Labrego, e con Manuel Ángel Dorrío de Amigos da Terra para afondar un pouco máis nos efectos do CETA no local, nas explotacións agropecuarias de Ourense, no noso medio ambiente e nas Denominacións de Orixe galegas.

E rematamos cun fragmento do libro “Cómo funciona o mundo” de Noam Chomsky.

“En todo país hai un grupo que posue o poder verdadeiro. En Estados Unidos, non é ningún segredo. Basicamente, o poder está nas mans das persoas que deciden sobre as inversións, sobre o que se produce e o que se distrubúe. Esas persoas ocupan postos en distintos sectores do goberno, escollen aos funcionarios de planificación e sentan as condicións xerais para o sistema de adoctrinamento.

Unha das cousas que queren é unha poboación pasiva e inactiva. Entón, unha das cousas que se poden facer para complicarlles a vida é non caer na pasividade e na inactividade. Hai moitos xeitos de acadalo. Ás veces, é dabondo con facer preguntas para conseguir un efecto positivo.

As manifestacións, as cartas de protesta e a participación nas eleccións poden ser moi importantes, todo depende da situación. Pero o principal é que sexa un accionar sostido e organizado.

Se un vai a unha manifestación unha vez na vida e despois volve a súa casa, algo é algo, pero os que teñen o poder non se van sentir moi afectados. O que si lles afecta é sentir unha presión que nunca cede e que se segue acumulando, ver que as organizacións sosteñen as súas actividades e que as persoas continúan aprendendo do que fixeron a última vez para mellorar a próxima.

Todo sistema de poder, ata as dictaduras fascistas, responde ante a disidencia popular. E iso vale, sen lugar a dúbidas para un país coma o noso onde, por sorte, o Estado non ten moita forza de coerción. Na época de Vietnam, a resistencia directa contra a guerra foi moi significativa e representou un custo que o goberno tivo que pagar.

Se as eleccións se limitan a ser un momento no que unha parte da poboación vai as urnas, presiona un botón e listo, non ten ningunha importancia. Pero se a cidadanía se organiza para presionar aos seus representantes e acadar que adopten determinada postura, as eleccións si poden ter moita importancia.

É moito máis doado exercer influencia sobre os integrantes da Cámara Baixa que sobre os senadores, e eles son máis fáciles de influenciar co presidente, quen polo xeral é inmune. A ese nivel, as políticas defínenas case absolutamente os ricos e poderosos que controlan o país. Pero un pode organizarse como para exercer certa influencia sobre os representantes na Cámara Baixa. Pode convocalos ao seu barrio para que os veciños lles berren, ou sentar nos seus despachos ata que os atendan. En cada circunstancia funciona un método distinto. E isto pode marcar a diferencia, unha diferencia que moitas veces é sustancial.

Un tamén pode facer as súas propias investigacións. Non hai que fiarse soamente dos libros de historia tradicionais nin dos manuais de ciencias políticas: hai que volver ás fontes e recorrer aos traballos dos especialistas. Hai que ler os documentos de Seguridade Nacional e outros materiais dese tipo. A maioría das bibliotecas importantes teñen un sector de referencia onde se atopan eses documentos.

É certo que requiere un pouco de esforzo. A maior parte dese material é lixo e hai que ler unha tonelada de papeis para atopar algo que mereza a pena. Existen guías que ofrecen consellos sobre onde se pode buscar. Nalgúns casos, tamén se encontran referencias en fontes secundarias que despertan curiosidade. Con asiduidade, están mal interpretadas, pero axudan a saber onde investigar.

Non é ningún misterio nin representan ningunha dificultade intelectual. Só supón un pouco de traballo, pero pode facelo calquera persoa no seu tempo libre. E o resultado desa investigación pode cambiar as opinións dos demais. Toda investigación verdadeira sempre é un labor colectivo e os seus resultados poden representar un gran aporte para un cambio de conciencia, unha maior comprensión reflexiva e un primeiro paso cara a acción constructiva.

A loita continúa

A loita pola liberdade non remata nunca. Os pobos do Terceiro Mundo precisan a nosa comprensión e a nosa empatía, pero, sobre todo, necesitan a nosa axuda.”

Escoitar programa:

Descargar este programa

Neste programa soou:

Cabeceira: Namorados no AndénFernando Barroso (Intropía)
Money – Pink Floyd
Nao (feat Sígaro e Picchio Banda Bassotti) – Os Vampiros
Miriam Makeba A Luta Continua! Wake up my people
Migala – El Imperio del Mal
Namorados no AndénFernando Barroso (Intropía)

Máis información:

Ourense di NON ao TTIP
STOP CETA
CETA Check
Sindicato Labrego
Amigos da Terra
“Como funciona el mundo” (Castelán) de Noam Chomsky na Biblioteca Pública de Ourense

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s