No Día da Radio estreamos os nosos primeiros programas

Hoxe 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e para celebralo Radio Liverdade estrea os primeiros capítulos dos seus dous primeiros programas: Caleidoscopio e Soa o Silencio. Desexamos que vos gusten!

Tras máis de tres meses de traballo e moita ilusión o aprendizaxe comeza a dar resultados e moi pronto poderedes escoitar máis programas feitos pola xente de Radio Liverdade.

 

Radio Liverdade comezou a súa actividade o pasado outubro de 2016 cunha serie de obradoiros os martes ás 19 horas no local da Asociación Cultural A Galleira.  Ao longo de dez sesións, comezamos a construír o noso estudio itinerante de radio e aprendemos a dar os primeiros pasos para poñer en marcha varios programas. O grupo de xente que participa en Radio liverdade comezou a organizar o funcionamento interno da nosa radio, dividímonos en grupos de traballo e nestes meses estivemos realizando diferentes exercicios e prácticas para que todas as interesadas tiveran as ferramentas necesarias.

 

Grazas a todas as persoas que participan, as que axudaron e colaboran en Radio Liverdade por facer posible esta aventura radiofónica. Unha radio libre, comunitaria autoxestionada e colaborativa, unha radio con verdade, que quere escoitar a voz da rúa para amosar realidades moitas veces invisibles. Historias de Ourense, do país e do mundo.

Caleidoscopio

Tres instantes imbricados en tres miradas para varias interpretacións da complexa Latinoamérica cuxo brillo reloce en Galicia a través de Radio Liverdade.

Soa o Silencio

Unha ventá aberta á cidadanía, onde tentaremos achegarvos temas que vos interesen, realidades incómodas, asulagadas. Para iso contaremos, en cada programa, cun espazo de entrevistas e conversas para que sexan os que saben de cada asunto os que boten luz a temas escuros. E tamén faremos soar as voces da rúa, esas críticas tantas veces silenciadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s