Obradoiro Fagamos unha radio: Radio Liverdade

O noso primeiro obradoiro foi un grande éxito, tanto en afluencia como en ilusión. Non podemos imaxinar outro xeito mellor para comezar co proxecto dunha radio libre en Ourense. Máis de vinte persoas acudiron ao local da Asociación Cultural A Galleira a aprender como facer o seu programa de radio, e o mellor de todo, a maior parte delas queren comprometerse e colaborar en que Radio Liverdade sexa unha realidade.

This slideshow requires JavaScript.

Por isto queremos agradecer a tódalas asistentes a súa boa acollida, xa que sen elas sería imposíbel que comezaramos nesta andadura.

O obradoiro consistíu nunha primeira parte de presentación do proxecto. Radio Liverdade nace para ser unha radio libre e comunitaria, pero tamén autoxestionada, itinerante e en galego. Que conte con unha organización totalmente horizontal e asamblearia, na que calquera veciña poida participar e poñer en marcha o seu propio programa.

Cuns obxectivos claros e sinxelos, e ambiciosos á vez, Radio Liverdade quere que calquera poida non só ser receptora, senon tamén comunicadora, que se poidan compartir experiencias, coñecemento e opinións. Crear unha comunidade que fomente o desenvolvemento de procesos de creatividade. Pero sobre todo, experimentar, xogar e pasalo ben.

This slideshow requires JavaScript.

Porén, o noso target será simplemente a xente que nos queira escoitar, quen lle interese o que contamos, tanto dentro da comunidade de Radio Liverdade coma no barrio, ou a cidade.

Despois desta introducción metémonos nunha parte máis técnica na que explicamos brevemente os compoñentes que conformarán o noso estudio itinerante, experiencia aprendida das compañeiras de Cuac FM, Ágora Sol Radio, Radio Guerrilla e moi especialmente de Juan Carlos Canino, de Barrio Canino, sen o cual todo esto non sería posíbel. A súa paciencia, axuda e disposición son un exemplo de como hai que desenvolver este tipo de proxectos, e a vida mesma. Fixo todo o posíbel por explicar a súa experiencia persoal co único obxectivo de que se puidese replicar en outros sitios. Juancar, querémoste.

Aquí podedes ver o vídeo da presentación.

E aquí a presentación en Prezi.

Captura.PNG

Agardamos que este pequeno artigo sirva para que moita máis xente se anime a facer o seu propio programa de radio, nós acolleremos cos brazos abertos calquera idea que poidas ter e poñeremos a túa disposición todo o material e coñecementos necesarios para que o fagas realidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s